Presentación

Loading...

12 de junio de 2011

Clausuras patinaxe Concello de Teo

Este sábado, 11 de xuño, celebráronse no pavillón dos Tilos a clausuras das Escolas de Patín do Concello de Teo. Os nenos de Calo, Ramallosa e os Tilos demostraron as súas habilidades e todo o traballo realizado durante o ano. Os patinadores do grupo C e Show do CD Fontiñas foron os convidados deste evento, representando as coreografías de "Historia dunha árbore" e "Lela". O club Fontiñas quere felicitar a tódolos patinadores e agradecer ás persoas que colaboraron coa organización. 

Agradecementos a:
Ana Santos por encargarse da música
Noelia Louro por exercer de presentadora este ano
Manolo Santos por preparar o equipo de música
Lolo Pérez por inmortalizar este día
Trini Botana por coidar e atender á nosa árbore
Isabel e Mercedes por atender ós rapaces e coordinar
Marcelino por ser o mestre de cerimonias
...... e tódalas persoas que faltan pero que estiveron alí apoiando e botando unha man para que todo saira ben......

Moitas grazas a todos!!



 
Os patinadores de Fontiñas no festival do Concello de Teo

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada